InicioDEPORTESO Liceo xogará a Copa en Calafell por partida doble

O Liceo xogará a Copa en Calafell por partida doble

Publicada o

Por Fernando Campos Mantiñán

A localidade catalá de Calafell será a sede onde se disputará tanto a Copa do Rei coma a Copa da Raíña de hockey sobre patíns. Nas dúas competicións participará o Deportivo Liceo

O torneo masculino celebraráse do 2 ó 5 de marzo. Este luns 6 de febreiro terá lugar o sorteo, ás 16:00 horas no Castell da Santa Creu de Calafell. No bombo dos favoritos estará o Liceo, xunto co FC Barcelona, o Reus Deportiu e o Noia Freixenet.  No outro bombo, o anfitrión Calafell, Igualada, Caldes e Voltregá. As bolas decidirán os emparellamentos de cuartos de final.

A competición feminina comezará o 11 de maio, rematando o día 14. Os equipos clasificados son: HC Palau, CP Vila-Sana, Telecable HC e CP Manlleu como cabezas de serie. No segundo bombo, o Liceo xunto o CP Esneca Fraga, Bigues i Riells e CH Mataró.

Neste vistoso e emocionante torneo, os rapaces verdibrancos tentarán facerse co título, como xa conseguiron ata en dez ocasións. O Liceo é nada menos que o terceiro clube con máis títulos copeiros, tralo Barcelona (24) e o Español (11).  En canto ás rapazas, xogarán a copa por terceira vez na súa historia e tentarán superar as semifinais, o seu teito polo momento.

En ambos casos xogaráse tamén a “minicopa”, unha bonita copetición na que participan os equipos infantís (sub-15) dos clubes clasificados, enfrontándose no mesmo formato que os sus maiores, e cos mesmos emparellamentos.

Moita sorte a todos!

  • Fernando Campos Matiñán. Comecei a xogar ó hóckey sobre patíns no Liceo ós 8 anos.
    Licenciado en CC. Da Actividade Física e o Deporte no INEF de Galicia. Entrenador e preparador físico de varios clubes (INEF Galicia, CP. Ordenes, EMH Cee, HC Liceo) Actual entrenador do Colexio Obradoiro.

MÁIS NOVAS DE HOCKEY

ÚLTIMAS

A veciñanza pide rescatar a liña de bus 10 para o barrio da Sagrada Familia

A política urbanística municipal leva anos apostando por unha humanización das nosas rúas, pola...

A instalación da pasarela de Solymar provocará afectacións ao tráfico

Recta final para as eternas obras do cruzamento de Solymar, en Perillo, Oleiros. Actualmente,...

CIG e UGT convocan mobilizacións no sector da limpeza na Coruña “en defensa” do convenio colectivo

Os sindicatos CIG e UGT convocaron mobilizacións no sector da limpeza de edificios e locais na provincia da...

Aprobado o proxecto do carril bici na Avda. Alfonso Molina

Novo paso adiante para a reforma integral da Avda. Alfonso Molina. Hoxe, o Ministerio de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here